26.5.13

O 1º Obradoiro "COUSAS DE MULLERES" do 2013.


   A Asociación Herbas de Prata comprácese en convidalas/os ao obradoiro Cousas de Mulleres, o sábado día 01 de xuño dende as 15,30 hs. na Asociación Fillos de Zas. 


  Seguiremos traballando para abrir un espazo para a voz das mulleres, uhn sitio no que elas sexan escoitadas e teñan a liberdade de falar de todo canto viven, pensan e sinten. 

O encontro será o sábado 01 de xuño, as 15,30 hs,  en   Suárez 236, Bos Aires. 
Confirmar presencia ao (5411) 4381-0424 ou por correo a herbasdeprata@gmail.com
Nesta oportunidade dende as verbas de Rosalía de Castro nunha homenaxe a "Cantares Galegos" e a todas nós!
Estades invitadas/os!!  Agardámovos!

18.5.13

Feria do Libro 2013: entrega do Certificado a Claudia Piñeiro pola sua nominación na Mención "Rosalía".

Claudia Piñeiro,destacada escritora, filla de galegos. Unha das nominadas da Mención "Rosalía 2013".