5.3.09

Convite ao acto aberto e gratuito

.

A asociación Herbas de Prata comprácese en convidala-o ao acto do Día Internacional da Muller no centro Noia-Rianxo da cidade de Bos Aires. A actividade é aberta e gratuita para a colectividade e celebrarase este domingo día 8 de marzo ás 18 na rúa Gral.Urquiza 1021.


Confirmar presencia por correo a herbasdeprata@gmail.com
Marzo de 2009, Bos Aires, Arxentina
.

3.3.09

Renuncias

.
Cumprimos en anunciar que a señora Maria Gonzalez Rouco e a señora Silvia Brun veñen de renunciar ás súa participación na Distinción Rosalía de Castro que o noso colectivo organiza cada ano co propósito de visibilizar o traballo público das galegas da emigración. O mecanismo da enquisa daquí ao lado non permite retirar os seus nomes nin facer modificacións ata a data na que pecha a votación. Con todo, damos conta da súa dimisión. Nos dous casos, pediron deixar de participar porque non é posible garantir que cada persoa vote só unha vez.


As integrantes de Herbas de Prata queren lembrar que as distincións, levadas ata o de agora polas señoras Dionisia López Amado, Maruxa Boga, Isabel Varela, Lola Rial de Fernández e María Rosa Iglesias, buscan cada ano agradecer o esforzo e o compromiso dun feixe de mulleres a prol da cultura, da lingua, da memoria e da presenza de Galicia na emigración. Cantos máis apoios, votos, aplausos e recoñecementos reciban cada unha destas mulleres, moito mais cumprida estará a nosa intención.
.